Macane

www.macane.es

I. INFORMACIÓN XERAL

En cumprimento co deber de información disposto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI-CE) do 11 de xullo, facilítanse a continuación os seguintes datos de información xeral deste sitio web:

A titularidade deste sitio web, www.macane.es, (en adiante, Sitio Web) pertence a: Raquel García Iglesias, con NIF: 44 07 69 05 G, e cuxos datos de contacto son:

Enderezo: Rúa Angustia 42, Santiago de Compostela, 15703, A Coruña

Teléfono de contacto: 625 78 17 15

Correo electrónico de contacto: administracion@macane.es

II. TERMOS E CONDICIÓNS XERAIS DE USO

Obxecto das condicións: O Sitio Web

O obxecto das presentes Condicións Xerais de Uso (en adiante, Condicións) é regular o acceso e a utilización do Sitio Web. Para os efectos das presentes Condicións entenderase por Sitio Web: a aparencia externa das interfaces de pantalla, tanto de forma estática como de forma dinámica, é dicir, a árbore de navegación; e todos os elementos integrados tanto nas interfaces de pantalla como na árbore de navegación (en adiante, Contidos) e todos aqueles servizos ou recursos en liña que, no seu caso, ofreza aos Usuarios (en adiante, Servizos).

Macane resérvase a facultade de modificar, en calquera momento e sen aviso previo, a presentación e configuración do Sitio Web e dos Contidos e Servizos que poidan estar incorporados nel. O Usuario recoñece e acepta que en calquera momento Macane poida interromper, desactivar e/ou cancelar calquera destes elementos que se integran no Sitio Web ou o acceso aos mesmos.

O acceso ao Sitio Web por parte do Usuario ten carácter libre e, por regra xeral, é gratuíto sen que o Usuario teña que proporcionar unha contraprestación para poder desfrutar del, salvo no relativo ao custo de conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso que contratase o Usuario.

A utilización dos Contidos non require previa subscrición ou rexistro ningún.

O Usuario

O acceso, a navegación e o uso do Sitio Web confire a condición de Usuario, polo que se aceptan, dende que se inicia a navegación polo Sitio Web, todas as Condicións aquí establecidas, así como as súas posteriores modificacións, sen prexuízo da aplicación da correspondente normativa legal de obrigado cumprimento segundo o caso. Dada a relevancia do anterior, recoméndaselle ao Usuario lelas cada vez que visite o Sitio Web.

O Sitio Web de Macane proporciona unha gran diversidade de información, servizos e datos. O Usuario asume a súa responsabilidade para realizar un uso correcto do Sitio Web. Esta responsabilidade estenderase a:

  • Un uso da información, Contidos e/ou Servizos e datos ofrecidos por Macane sen que sexa contrario ao disposto polas presentes Condicións, a Lei, a moral ou o orde público, ou que de calquera outro xeito poida supoñer lesión dos dereitos de terceiros ou do propio funcionamento do Sitio Web.
  • A veracidade e licitude das informacións achegadas polo Usuario nos formularios estendidos por Macane para o acceso a certos Contidos ou Servizos ofrecidos polo Sitio Web. En todo caso, o Usuario notificará de forma inmediata a Macane calquera feito que permita o uso indebido da información rexistrada en ditos formularios, tales como, pero non só, o roubo, extravío, ou o acceso non autorizado a identificadores e/ou contrasinais, co fin de proceder á súa inmediata cancelación.

O mero acceso a este Sitio Web non supón establecer ningún tipo de relación de carácter comercial entre Macane e o Usuario.

O Usuario declara ser maior de idade e dispoñer da capacidade xurídica suficiente para vincularse polas presentes Condicións. Polo tanto, este Sitio Web de Macane non se dirixe a menores de idade. Macane declina calquera responsabilidade polo incumprimento deste requisito.

O Sitio Web está dirixido principalmente a Usuarios residentes en España. Macane non asegura que o Sitio Web cumpra coa lexislación doutros países, xa sexa total ou parcialmente. Se o Usuario reside ou ten o seu domicilio noutro lugar e decide acceder e/ou navegar no Sitio Web, farao baixo a súa propia responsabilidade e deberá asegurarse de que tal acceso e navegación cumpre coa lexislación local que lle sexa aplicable, sen que Macane asuma responsabilidade ningunha que se poida derivar de dito acceso.

III. ACCESO E NAVEGACIÓN NO SITIO WEB: EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

Macane non garante a continuidade, dispoñibilidade e utilidade do Sitio Web, nin dos Contidos ou Servizos. Macane fará todo o posible polo bo funcionamento do Sitio Web, sen embargo, non se responsabiliza nin garante que o acceso a este Sitio Web non vaia ser ininterrompido ou que estea libre de erros.

Tampouco se responsabiliza ou garante que o contido ou software ao que poida accederse a través deste Sitio Web estea libre de erros ou cause danos ao sistema informático (software e hardware) do Usuario. En ningún caso Macane será responsable polas perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo que xurdan polo acceso, navegación e uso do Sitio Web, incluíndo, pero non limitándose, aos ocasionados aos sistemas informáticos ou os provocados pola introdución de virus.

Macane tampouco se fai responsable dos danos que puidesen ocasionarse aos usuarios por un uso inadecuado deste Sitio Web. En particular, non se fai responsable de ningún xeito das caídas, interrupcións, falta ou defecto das telecomunicacións que puidesen ocorrer.

IV. POLÍTICA DE LIGAZÓNS

Macane non ofrece nin comercializa por si mesma nin por medio de terceiros os produtos e/ou servizos dispoñibles nos devanditos sitios enlazados.

O Usuario ou terceiro que realice un hipervínculo dende unha páxina web doutro, distinto, sitio web ao Sitio Web de Macane deberá saber que:

Non se permite a reprodución —total ou parcialmente— de ningún dos Contidos e/ou Servizos do Sitio Web sen autorización expresa de Macane.

Non se permite tampouco ningunha manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o Sitio Web de Macane, nin sobre os Contidos e/ou Servizos do mesmo.

Agás o hipervínculo, o sitio web no que se estableza dito hiperenlace non conterá ningún elemento deste Sitio Web, protexido como propiedade intelectual polo ordenamento xurídico español, salvo autorización expresa de Macane.

O establecemento do hipervínculo non implicará a existencia de relacións entre Macane e o titular do sitio web dende o cal se realice, nin o coñecemento e aceptación por parte de Macane dos contidos, servizos e/ou actividades ofrecidos en dito sitio web, e viceversa.

V. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Macane por si mesma ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do Sitio Web, así como dos elementos contidos no mesmo (a título enunciativo e non exhaustivo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos, marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.). Serán, por conseguinte, obras protexidas como propiedade intelectual polo ordenamento xurídico español, sendo aplicable tanto a normativa española e comunitaria neste campo, como os tratados internacionais relativos á materia e subscritos por España.

Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto na Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, distribución e comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de Macane.

O Usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial de Macane. Poderá visualizar os elementos do Sitio Web ou incluso imprimilos, copialos e almaceralos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, exclusivamente, para o seu uso persoal. O Usuario, sen embargo, non poderá suprimir, alterar ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivera instalado no Sitio Web.

No caso de que o Usuario ou terceiro considere que calquera dos Contidos do Sitio Web supón unha violación dos dereitos de protección da propiedade intelectual, deberá comunicalo de inmediato a Macane a través dos datos de contacto do apartado de INFORMACIÓN XERAL deste Aviso Legal e Condicións Xerais de Uso.

VI. ACCIÓNS LEGAIS, LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Macane resérvase a facultade de presentar as accións civís ou penais que considere necesarias polo uso indebido do Sitio Web e Contidos, ou polo incumprimento das presentes Condicións.

A relación entre o Usuario e Macane rexerase pola normativa vixente e de aplicación no territorio español. De xurdir calquera controversia en relación coa interpretación e/ou á aplicación destas Condicións as partes someterán os seus conflitos á xurisdición ordinaria someténdose aos xuíces e tribunais que correspondan conforme a dereito.